III Festa do Atletismo no CGTD.

III Festa do Atletismo no CGTD.

Por terceiro ano consecutivo as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva serían escenario da ‘Festa do Atletismo Galego’, competición que despide de maneira oficiosa a tempada autonómica en pista.

A actividade iniciouse ás 18:40 horas coas carreiras de 200 metros valos, e continuou con distancias pouco habituais como os 150, os 300, os 500 ou os 1.000 metros lisos, ademais de concursos en lonxitude e xavelina e unha carreira de 4×400 metros marcha, para finalizar ao fío das 21:00 horas coas remudas 2×200.

Desta volta alguns atletas do club non quixeron perderse esta festa e acudiron a disfrutar un día distinto na forma de competir.

 

Resultados  Fotos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.