Milla Solidaria

Milla Solidaria

Foto Tito Picouto

Outra das citas da xornada era unha carreira popular pedestre que se disputaba en Ourense este domingo, 17 de xuño, na rúa do Paseo, sobre un circuito homologado e no que había que completar a distancia dunha milla (1.609,34 m.);con distancias adaptadas as idades dos participantes. Trátabase dunha iniciativa solidaria, todolos ingresos en concepto de inscrición eran destinados á «Asociación Española Contra el Cáncer».

A «Asociación Española contra el Cáncer» é unha entidade non lucrativa, co obxectivo de loitar contra o cancro, liderando o esforzo da sociedade española para diminuír o impacto causado por esta enfermidade e mellorar a vida das persoas.

No Cuarto de Milla, carreira para os máis pequenos destacar a Miguel Carbajales gañador da proba, así como a participación de Martiño Ruano 1º sub10 a su irmá Aroa Ruano 1ª sub-10 F. e Marta Quiroga 2ª sub-12 F.

Na Media Milla o gañador da proba era Álvaro Díaz seguido de Kevin Torres 3º sub-16, os demais integrantes do club foron Mar Díaz 1ª na categoría femenina e Mencía Luís 2ª.

Na Milla Máster B Germán Quiroga era 6º clasificado cun tempo de 6:20.

Milla Máster C-B-A, Sénior, Sub23, Sub20 feminino destacar a Whitney Rodríguez que era 5ª cun tempo de 7:07.

Milla Sénior, Sub23, Sub20 masculino Alejandro Montero cun tempo de 5:17 era 4º na general e 2º da súa categoría.

Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.