Próximas Citas.

Próximas Citas.

O mércores día 20 de xuño, disputarase o XXIV Trofeo Cidade de Pontevedra XX Memorial Celso Mariño – 4ª Xornada XXXI Trofeo Froiz.  Haberá probas para as categorías sub-12 en adiante. As inscricións podense facer ata as 23:59 horas do domingo 17 de xuño pola extranet da RFEA.  Será en horario de tarde e terá lugar en Pontevedra (Centro Galego de Tecnificación Deportiva).
 
 
 
Control de Marcas Federado en Pista ao Aire Libre no Barco de Valdeorras. En horario de tarde, haberá probas para as categorías sub-10 en adiante. As inscripcions podense facer na Web da RFEA ata as 23:00 horas do mercores 20 de Xuño. Este control disputarase como ven sendo habitual nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros.

 

O circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense chegará este DOMINGO ao centro da cidade, coa celebración da carreira do Corpus.

O prazo remata o mércores anterior a cada carreira, e vólvese abrir o luns seguinte a cada proba.

A carreira deste domingo sairá da rúa do Paseo, e percorrerá as rúas Concello, Xoán XXIII, Progreso, Av. de Pontevedra e Lamas Carvajal, para rematar de novo no Paseo. A saída será ás 12,00h na categoría Pitufos, 12,10 (Benxamín, Alevín), e ás 12,15h (Infantil e Cadete). Ás 12,30h será a saída para Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos

Tras esta carreira, e o descanso habitual nos meses de xullo e agosto, o circuito volverá o día 4 de setembro, coa carreita da Zona universitaria.

O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

Horario  Inscripcions

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.