Ourense Atletismo no máis alto do podium.

Ourense Atletismo no máis alto do podium.

XII Campionato de Galicia de Montaña

O concello ourensán de Esgos sería o lugar escollido outro ano mais para desenvolver o Campionato de Galicia de Montaña que nesta edición cumpriría doce anos. Na mesma competición disputaríase conxuntamente a Subida Rocas – O Eirado. Rubén Diz proclamouse campeón galego na categoría M35 logo de percorrer os 13 km da proba en 01:02:38.

 

Resultados

 

Campionato de Galicia Sub20 – Sub23.

Logo do cambio de horario para este campionato, disputouse en Ferrol o Campionato Galego categorías sub20 e sub23. Soamente foron 2 os atletas que nos representaron. A pesares de todo isto duas medallas de ouro foron o resultado satisfactorio que nos trouxemos; nos 5 km marcha Inés Valentín venceu na categoría  sub23 marcando un rexistro de  26:04.43. Na proba dos 800 mts sería Alejandro Cadaya quen se proclamaría campión galego na categoría sub20 cun tempo de 02:02.56.

 

Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.