Resultados Competiciones Oficiales.

Resultados Competiciones Oficiales.

O día 6 de xuño disputouse o XLIII Trofeo SGP – III Xornada XXXI Trofeo Froiz, dous dos nosos atletas estarían nesa competición. Na proba dos 600 mts Antia Castro situouse 1ª cun rexistro de 01:44.43, mentres que o outro representante Diego Babarro compitiría na proba dos 1.500 mts, situandose no 18º posto  cun tempo de 04:46.74.

Resultados

 

Outro trofeo onde tamén tivemos representación sería no IIº Trofeo Atletismo Barbanza – Letras Galegas.  A atleta Andrea del Campo participaría na proba dos 100 mts onde acadou un tempo de 14.19 e situouse na 8ª posición. Quixo o mesmo tempo mellorar a  marca que tiña na proba dos 300 mts na que acadou cun tempo de  54.02 a 7ª posición.

 

Resultados

 

Por último esta semana estivemos tamén representados na cidade de Vigo na Vª Xornada III Circuito Concello de Vigo – Series Municipais. Ata esa competición desprazaronse alguns atletas do club como foi o caso de Álvaro Díaz, quen na proba dos  600 mts acadau o 1º posto cun tempo de  01:35.48, idéntica posición acadaría  Antía Castro cun rexistro de 01:43.33, Clara Mijangos era 4ª facendo un crono de 01:49.56 na mesma proba.

Chegaba o tempo da proba dos 800 mts onde Roberto Espiña era  9º facendo un tempo de 02:12.70 e Martín Míguez  era 10º  con 02:13.23. Na categoría de mulleres  María Novoa foi  8ª  con rexistro de 02:32.07.

Nas probas de fondo tivemos dous participantes; Aroa Fernández nos 1000 mts que colocouse  5ª cun tempo de  03:36.07 e  nos 3000 mts  Martín Rivera era 5º facendo un tempo de 09:41.17.

 

Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.