OA triunfa nos Cantons da Coruña.

OA triunfa nos Cantons da Coruña.

Cando falamos do Gran Premio de Cantones da Coruña falamos de todo un referente a nivel mundial da marcha atlética. O pasado sábado día 2 de Xuño desenvolveuse o  XXXII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez e dentro desa competición estivo organizado o Trofeo Josefina Romero de Marcha atlética.

Este importante evento, que ten rango Internacional IAAF, encara a súa 32º edición con moitos e importantes alicientes entre os que cabe salientar a presencia do equipo nacional de Xapón lembramos que o país asiático será organizador dos vindeiros Xogos Olímpicos. Da mesma maneira, e falando a nivel nacional, están en xogo as últimas prazas para acudir ó Campionato de Europa de Berlín, motivo polo cal haberá un gran interés por ver as evolucións dos atletas nacionais.

A nosa escola de marcha, quixo participar nesta competición e desprazou a algúns dos atletas que practican esa disciplina. Cumpre decir que ainda que o horario foi bastante molesto  para estes pequeno marchadores, superon repoñerse e lograban facer un excelente papel.  Unha das referentes da escola,Inés Valentín alzouse coa victoria na súa categoría marcando un tempo de                 .                 

Demostrouse tamén o bo facer do entrenador Javier Vázquez, recente fichaxe do club, que en pouco tempo fixo que se melloran marcas e que se coexionase un bonito grupo de marchadores. De tal xeito que na categoría infantil masculina incluso subiron o podium, ocuparon a segunda e terceira posición Brais Manso e Javier Malingre respectivamente.

No referente o papel das demais compoñentes desprazadas A Coruña a sub-10 Sheila Salgado sería 4ª  clasificada, Marta Quiroga  sub 12 sería 22ª, Rita Vázquez  sub-16 sería 8ª e Ana Casqueiro sub-14 acadaba a 19ª posición.

 

Resultados  Fotos Javier Vázquez

 

 

Outra das citas onde tamén estivemos foi no  Trofeo Alfonso Posada, celebrado en Vigo, ata esa localidade desprazaría para competir nos 800mts Antía Abad quen lograba ser primeira cun tempo de 02:23.912 e Pablo Álvarez nos 100 mts sería o segundo representante do club, nesta ocasión era 16º clasificado cun tempo de 11.58.

 

Resultados

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.