Carreiras Populares.

Carreiras Populares.

Dentro das carreiras que se van disputar esta fin de semana na categoría de popular destacaremos a IV Carreira Popular ABANCA  Semana Verde de Galicia. A Fundación Seman Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a IV Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o sábado 9 de xuño. O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda-Pontevedra. O prazo de inscrición rematará o día 7 de xuño as 23:59 horas19.  A proba raiña será para as categorías Sub 20-Sub 23-Sen-Máster, as 19:40 coa saida dos 10 km.

 

Reglamento  Inscripciones

 

A Deputación de Ourense xunto co Concello de Bande e a colaboración da asociación VII Legio Gemina, organizan a V Carreira Popular Vía Nova “Concello de Bande”, que terá lugar o próximo día 9 de xuño do 2018, con saída e meta na Praza da Constitución. A data prevista será o sábado 9 de xuño a partires das 19:00, a proba absoluta tera a saída ás 20:30 h. As distancias van dende os 100m. ata os 8 km. A inscrición ten un límite de  400 inscritos e farase na páxina ChampionChip Norte http://championchipnorte.com/, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta ou no telf:650959784. O custe da inscrición será de 7 euros + 8€ de aluguer de chip para o que non teña chip amarelo.
 
 
 
Con motivo da celebración do IV Día do Deporte Solidario, o Centro Comercial Area Central organizará, dentro da súa programación do día, a III Milla Popular Solidaria o sábado 9 de xuño, proba aberta a atletas federados e non federados. Toda a recadación irá destinada a ACEM, Asociación Compostelá de ESCLEROSE MÚLTIPLE. As probas levaranse desde a Praza de Europa en Área Central a partir das 18:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comité deXuices da Federación Galega de Atletismo. Realizaranse a través da páxina webwww.carreirasgalegas.com ata o xoves 7 de xuño ás 23.59 horas(máis información en http://areacentral.es/ewww.atletismo.gal).
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.