Probas Oficiais.

Probas Oficiais.

A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello da Pobra do Caramiñal, co control técnico do Comité Galego de Xuices da FGA, organizarán o III Trofeo de Atletismo Barbanza. Aqueles atletas que desexen participar deberán remitir a súa inscrición (nome, apelidos, data de nacemento e equipo) ao em@il a santiago@atletismo.gal antes do mércores 6 de xuño ás 22 horas da noite. Establecense marcas mínimas para :
– En xavelina, mínima: masculina en 45 m. e feminina en 30 m.
– En salto de lonxitude,mínima: masculina en 5.20 m. e feminina en 4.50 m.
– En peso, mínima: masculina superior a 10 m e femenina superior a 8 m.
 
 
 
 
 
A Agrupación viguesa de atletismo, co patrocinio da Concelleria de Deportes do concello de Vigo, organiza a «V Xornada do 3º circuito do Concello de Vigo de atletismo en pista-series municipais”, a celebrar nas pistas de Balaidos, o 10 de xunio, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. As inscripcions realizaranse a través do sistema on-line na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves anterior a proba. Será en horario de maña e para categorías Sub-16 en diante.
 
 
 

Outra das probas a ter en conta será o XLII Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra-XXXI Trofeo Froiz 3ª Xornada. As inscricións podense facer ata as 23:59 horas do domingo 3 de xuño pola extranet da RFEA. O lugar de celebración das probas vai ser en Pontevedra no Centro Galego de Tecnificación Deportiva  o mércores, 6 de xuño. As probas disputaranse en horario de tarde.

 
 
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.