6 Medallas no Campionato Sub16 do Barco.

6 Medallas no Campionato Sub16 do Barco.

 

Outra das probas importantes da fin de semana, sería o Campionato Galego Sub-16, unha das citas que recibe os mellores atletas de toda Galicia e que desta volta celebrouse no Barco de Valdeorras.

A mellor proba para os nosos serian os 1.500 Obtáculos onde Martín Rivera  fixo un tempo de 04:37.41 que lle permitiu gañar e a sua compañeira Martina Colmenero  sería 2ª  cun tempo de 05:33.47. Nesta carreira bateronse ambolos dous récords vixentes. Alicia Ramos no salto de altura faría un salto de 1.49 mts o que a colocaba 3ª no podium. O último récord bateriase da man de Itziar Gómez no lanzamento de martillo cunha distancia de 28.28 mts.  En total foron mellorados 4 récords do club.

No referente as medallas obtidas 6 foron os  medallistas:

O ouro sería para Martín Rivera  nos 1.500 mts Obstáculos.

A prata foi para as atletas Carmen de la Fuente nos 300 mts e Martina Colmenero quen subiría duas veces o caixon do podium  no salto de pértiga e  nos 1.500 Obstáculos.

E o bronce sería pra Alicia Ramos no salto de altura e Fabio Justo nos 600 mts.

Comentar tamén o cuarto posto acadado por Roi Sánchez na proba de lanzamento de disco cunha marca de 35.47 mts.

Felicitar os demais compoñentes da delegación do noso club desprazado ata ese campionato polo excelente traballo realizado, así coma os adestradores e familias, sen os cuales estes resultados non serían posibles. 

 

Resultados  Fotos Alberto Díaz Jor. Mañana. Fotos Alberto Díaz Jor. Tarde

 

 

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.