Próximas Citas Atléticas.

Próximas Citas Atléticas.

A primeira das citas será a organizada pola delegación Lucense de atletismo que co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 5ª Xornada da Copa Deputación de Lugo en pista ao aire libre, o Xoves 31 de maio, en xornada de tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera. Ista proba vai dirixida a atletas da categoría sub14 ata veteráns. As inscripcións faranse a través do sistema online da web da RFEA ata as 22:00 horas do domingo anterior á celebración das probas.
 
 
 
O Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Femenino Celta, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “XII TROFEO ALFONSO POSADA”. Este trofeo terá lugar o venres 1 de xuño a partires das 19:30 horas nas Pistas Municipais de Atletismo de Balaidos (Vigo).
 
 
 
 
 
 

El XXXII Gran Premio Cantones de La Coruña de Marcha Atlética es una prueba integrada en el Calendario de la IAAF, siendo organizada por la Federación Gallega de Atletismo,con el apoyo del Ayuntamiento de La Coruña. La prueba se celebrará el sábado 2 de Junio en el circuito urbano de Los Cantones de La Coruña de 1 Km, (ida y vuelta) con salida y llegada en la Zona del Obelisco, en el Cantón Grande. 

As inscriccións para o Trofeo Josefina Romero realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 do martes 29 de maio.
 
 
 
A F.G.A. organiza o Campionato de Galicia de Probas Combinadas que terá lugar nas Pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva enPontevedra o sábado 2 de xuño en horario de tarde e o 3 de xuño en horario de mañá. Poderán intervir todos aqueles atletas das categorías Sub 16,Sub 18, Sub 20, Sub 23 e absoluto situados entre os 8 primeiros do ranking galego. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 29 de maio.
 
 
 

O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 03 de xuño de o II Medio Maratón Riveira 21,que será a súa vez o Campionato de Galicia absoluto e das categorías Sub 20, Sub 23 e Máster. A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.

A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas desde a localidade de Aguiño en Riveira.Os corredores serán trasladados en autobuses desde a zona do Malecón de Riveira a  partir das 08.30horas

O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Aguiño, un traxecto lineal ata Riveira e 2 voltas a un circuíto urbano desde o malecón de Riveira ata a zona de Coroso. O circuíto estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

As inscricións realizaranse a través da pasarela da páxina webwww.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata o mércores 30 de maio ás 23.59 horas do día.

 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.