Competicions no Festivo.

Competicions no Festivo.

Fruto da colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  o xoves 17  disputarase a V Carreira Camiño das Letras.  Terá unha proba absoluta dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta da Prata, ata a Cidade da Cultura e haberá un circuito para as categorías  menores nos exteriores da Cidade da Cultura.
As Inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. A inscrición estará aberta ata o luns 14 de maio ás 23.59 horas. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo establecido. O prezo de inscrición será o seguinte, para categorías menores ata sub18 de balde o resto 10 €.
 
 
 
O Ilmo. Concello de Cangas, A Concelleria de Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas, veñen de presentar o XIV Trofeo Vila de Cangas de Atletismo en Pista. Esta proba celebrarase no Estadio Municipal de Cangas do Morrazo o día 17 de maio. Todas estas probas serán en horario de mañá. Haberá unha proba de 500 mts para as categorías menores, o resto serán probas de sub-16 en diante.
As inscricións deberán ser feitas a través da páxina da RFEA até as 23:00 horas do luns dia 14 de maio.
 
 
 

A F.G.A coa colaboración do Club Deportivo Aurum e a través da súa delegación en Ourense organiza o II Campionato de Galicia de relevos das categorías Sub14, Sub16, Sub18, Sub20, Sub23, ABSOLUTO E MÁSTER nas pistas de Ourense o día 17 de maio.

Limitación de probas: Cada club só poderá presentar un equipo por categoría e sexo (agás máster que só poderán presentar un equipo por club independentemente das categorías dos integrantes).
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.