Próximas Citas.

Próximas Citas.

Despois dun breve descanso iste sábado retomamos o programa Xogade de Pista o Aire Libre. En cada xornada, das que se disputan, os atletas de categoría Benxamín e Alevín poderán participar como máximo en dúas probas das que compoñen o programa. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de máis de 250 metros.

Na categoría infantil, cada atleta poderá participar en cada xornada nun máximo de tres probas, respetando sempre a seguinte norma de participación: tres concursos; dous concursos e unha carreira ou un concurso e dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros). No caso de participar en dúas probas respetarase a seguinte norma de participación: dos concursos; un concurso e unha carreira ou dúas carreiras (sendo unha delas inferior aos 250 metros).

O programa de competición das xornadas previas completarase con probas para a categoría cadete e xuvenil; nas que podrán participar atletas desta categoría con ficha dilixenciada por Clubes da Delegación en Ourense e O Barco de Valdeorras da Federación Galega de Atletismo.

 
 
 A Secretaría Xeral para o Deporte pon a disposición dos atletas un servicio de autobús que saira as 15:15 do Pavillon dos Remedios e terá a súa volta as 20:00 do complexo deportivo de MONTERREI.
 

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 15 de abril, o VII Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario nacional da RFEA. Paralelamente, celebrarase unha proba de 10 km. A saída da carreira terá lugar ás 08:30 h. 

A inscripción farase a través da pasarela de pago inserida na páxina online da Federación Galega de Atletismo e estará operativa ata as 23:59 horas do 8 de abril.
 
 
 
 
 
A Agrupación Viguesa de atletismo, co patrocinio da concelleria de deportes do Concello de Vigo, organiza o Terceiro Circuito Concello de Vigo de Atletismo en Pista – Series Municipais, a desenrrolarse nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Balaidos, ó longo de cinco xornadas desenvoltas na tempada 2017/2018. Tratarase de dúas xornadas correspondentes a tempada de inverno, con probas do programa de pista cuberta e tres xornadas con probas do programa de aire libre. As inscripcions realizaranse a través do sistema on-line na web da RFEA ata as 20:00 horas do xoves. Seran probas en xornada de maña para as categorías sub-16 en diante.
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.