19 Feb Resultados Cpto Galego Xogade A Pobra.
Disputouse onte na localidade de A Pobra do Caramiñal o Campionato galego de Campo a Través–Xogade. O circuito, no entorno da praia de Cabío, caracterizouse pola sua dureza e exigencia. Nesta cita reunianse o millorciño de toda Galicia, e proba de elo foron as marcas nas que as diferentes probas se foron desenvolvendo. Noso clube acudía a esta cita con todolos equipos clasificados, cumpre destacar o ambiente festivo que acompañou a toda a competición. Cada un dos atletas compre felicitalos por defender a nosa camiseta estupendamente, e levar con moita honra o nome do club en cada pisada.
Destacamos principalmente a actuación do cadete Martín Rivera, quen conseguía a prata nesta competición. Destacar tamén o papel da infantil Mar Díaz quen sería a 4ª clasificada na sua categoría.
Nesta competición os catro mellores clasificados cadetes en ambalas duas categorías, tiñan a oportunidade de clasificarse para o campeonato nacional que se desenvolverá en Murcia. De tal xeito que Martín Rivera, terá esa oportunidade.
Por equipos acadamos o primeiro posto na categoría cadete, co equipo formado por Martín Rivera, Alexandre Álvarez, Álvaro Díaz, José Benito Rodríguez, Roi Sánchez e Fabio Justo e tamén debemos felicitar as nosas alevins femeninas, que serían terceiras na clasificación. O equipo nesta ocasión estaría formado por Iria Solera, Lara Vázquez, Julia Margusino, Susana Padrón, Rocío Marín e Enma Pedrera.
Tamén destacar o esforzo das infantiles femeninas que estiveron a piques de obter a terceira posición do caixón, quedando a tan só 2 puntos do tercer clasificado e a 3 da prata.
Sorry, the comment form is closed at this time.