Nuestras atletas brillan en Ferrol y Cangas.

Nuestras atletas brillan en Ferrol y Cangas.

Fotocarlosgrafias.com

 

Esta fin de semana foi turno para os máster, a primeira cita onde participaron foi no XXXII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través, na localidade ferrolá de Cabanas. A proba comenzou ás 16 horas coa proba popular para homes e mulleres, onde tiñan que cubrir un percorrido de 4.500 metros. Media hora despois, ás 16,30 horas, dabase a saída para as categorías Veteráns M45 en diante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. A pesar da distancia onde se celebra puidemos ter unha pequena representación dos nosos atletas. Nos homes José Antonio Pereira cun tempo de  26:20.00 na categoría m45+ (41º) , José Antonio Pereira  m50 (12º) . Ás 17,05 horas foi o turno da categoría Veteranas 35 en diante (Mulleres), coa mesma distancia. Nesta categoría foi onde tivemos máis representación e tamén mellor fortuna xa que acadamos ata 3 medallas neste campeonato. A primeira nomeada sería Mercedes Fernández Valencia que cun tempo de 28:34.00 sería 2ªna categoría master 50 femenino, idéntica posición acadou María Esther Bouso cun tempo de  34:04.00 na categoría máster 55 femenino, a terceira medalla viría da man de Cristina García Colomo quen sería 3ª cun tempo de 34:38.00.  Por último Silvia Teijeiro Ferro 9ª cun tempo de 29:20.00 na categoría máster 45 femenino.

Xa ás 17,35 horas, dabase a saída para os Veteráns M35 e M40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros. Nesta categoría os nosos representantes serían Roberto Espiña quen sería 8º cun tempo de  28:56.00, e Diego Babarro o outro atleta que o acompañaba sería 13º cun tempo de  30:10.00.

Por equipos soamente poidemos formalo nas mulleres, segundo as clasificacions obtidas acadamos a posicion 8ª, dito equipo estivo formado polas atletas Mercedes Fernández Valencia  (20), Silvia Teijeiro Ferro (23), María Esther Bouso Fuentecilla   (40),  e Cristina Garcia Colomo  (41). Tivemos polo tanto un total de 83 puntos.

 

Resultados

 

Outra das competicións onde estivemos presentes sería a Iª Xornada Froiz I Control de Inverno S.G. Pontevedra. Varios serían os atletas interesados en participar nesta competición. Por unha banda na proba dos 60 mts Sergio Gonzalez Dominguez 7.46  5ª posición, e Carlos Manuel Gonzalez Caporale 8.22   27ª posicion.  Outra das probas onde tamén participaron serían os 200 mts Sergio Gonzalez Dominguez  23.31  4º, Abraham Rodríguez González 24.38  15ª  e Carlos Manuel Gonzalez Caporale 26.57  27ª. Viría logo a última das probas onde participaron os 600 mts eiqui sería Fabio Justo Villar 1:33.36 3º medalla bronce.

 

Resultados

 

Turno agora para o VII Campionato de Galicia Absoluto de Inverno e o I Campionato de Galicia sub20 de Lanzamentos Longos. Nesta competición desenvolta o sábado Abraham Rodríguez González 25.51 sería 5º na proba do lanzamento de Disco de 1.750 grs. Participaría tamén no lanzamento de xabalina 800 grs con idéntico posto e un lanzamento de  33.89 mts.
 

 

Por último e xa na xornada dominical celebrouse o 29º Campionato de Galicia de Marcha en Ruta. A localidade escollida para a celebración desta proba sería Cangas, baixo un ambiente chuvioso a nosa unica representante nesta disciplina Inés Valentín Cima  acadaría a prata na sua categoría cun tempo de 52:35.

 

Resultados

 

 

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.