Competicions Fin de Semana.

Competicions Fin de Semana.

A Delegación da F.G.A en Lugo organiza o IIº Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno para as categorías sub16 e sub18, que terá lugar no Estadio Pérez Rivera o vindeiro sábado día 17 de febreiro. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 30 de xaneiro. Poderían participar en cada especialidade os atletas que se inscribisen coas 12 mellores marcas, conseguidas durante a tempada 2016/17 ou 2017/18.  Esta competición fora aplazada.
 
 
 
A Delegación Lucense de atletismo co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 4ª Xornada da 8ª Copa Deputación de Lugo en pista cuberta, o sábado 17 de febreiro, en xornada de mañá e tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera. A competición está aberta para todolos atletas de categoría sub16 a veteráns. As inscripcións faranse a través do sistema online da web ata as 22:00 horas do xoves anterior á celebración das probas.
 
 
 

O domingo toma o relevo nas competicións coa que organiza a Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, quen nos convida a participar no XLI Trofeo de Campo a Través que se celebrará o 18 de Febreiro a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro–Camiño daVerdella de San Miguel de Oia.

As inscripcións faranse na páxina web Carreiras Galegas tendo como fecha límite o día 14 de febreiro as 22:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos. A carreira esta prevista que comenze as 10:00 horas coa saida da categoría sub16 e a competición pora o punto final as 13:30 horas coa entrega de premios.

 
 
 

Outra das probas que se celebraran nesta fin de semana será o IIIº Trofeo Atletismo Mazí – Cidade de Vilagarcía. Dito trofeo conta con diferentes probas en horario de mañá.  Está competición vai enfocada as categorías menores. As inscricións faranse a través do sistema online da web de RFEA  ata as 23:59 horas do mércores 14/02/2018. Cada atleta só poderá participar en duas probas e máis o relevo. Nesta competición podense inscribir para algunhas probas os/as atletas prebenxamins.

 
 
 
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 18 de febreiro o X Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097 ,50 metros. A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas. O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
 
 
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.