XXXII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través

XXXII Campionato de Galicia Máster de Campo a Través

O contorno do piñeiral da Madalena de Cabanas albergará o 32º Campionato de Galicia de Campo a Través Máster. A esta cita acudirán preto de 250 atletas que entre os 35 anos en adiante, completarán as distintas distancias segundo as normativas da competición.

Neste evento deportivo organizado pola Federación Galega de Atletismo e no que colaboran o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil.

As 16,30 horas, darase a saída para as categorías máster M-45 en adiante (Homes) cun itinerario de 5.500 metros. Ás 17,05 horas será o turno da categoría máster 35 en adiante (Mulleres), coa mesma distancia. E, ás 17,35 horas, darase a saída para os máster M-35 e M-40 (Homes), cunha distancia a cubrir de 7.000 metros.

 

Inscritos   Horario

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.