Próximas Competiciones.

Próximas Competiciones.

Nosa cidade, ao igual que os máster volven ser unha vez máis o epicentro da actividade atlética. Nesta ocasión destacamos as siguientes competicións:

O vindeiro sábado día 13 de xaneiro, a Delegación da F.G.A en Ourense organizará o Campionato de Galicia de Pista Cuberta.

As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 9 de xaneiro. Será unha proba que se desenrolará en doble xornada mañá e tarde. As limitacións máis destacadas son para a Categoria Sub18: Só poderán inscribirse nun máximo de dúas probas. No caso de participar en dúas carreiras só poderá realizarse unha de mais de 200. Na categoría Sub16: Cada atleta só podrá inscribirse nun máximo de 2 probas (das autorizadas na sua categoría) e no caso de participar en dúas carreiras, só podrá realizarse unha de mais de 200.
 
 
Xa na xornada do domingo, será o turno do Campionato de Galicia Master de pista Cuberta que terá lugar na pista cuberta de Ourense. As inscricións realizaranse a través do sistema online na web da RFEA ata as 20:00 horas do martes 9 de xaneiro. En canto as limitacions destacar que só programaranse máis probas en caso de haber tres o máis atletas inscritos; e que  só poderán inscribirse nun máximo de tres probas, sendo soamente unha delas superior a 1000 metros.
 
 
 
 

A cidade de Lugo é outro dos lugares onde teremos posta unha ollada, xa que é onde se vai disputar a segunda edición do Cross Ponte Romana celebraráse o próximo domingo día 14 de Xaneiro nos orredores do Pazo de Feiras e Exposicions de Lugo. O Cross é unha das disciplinas de maior tradición do atletismo e nestes intres o Cross Ponte Romana está chamado a convertirse nun dos maís relevantes do noroeste español. Forma parte de ANOC, o mellor circuito de cross do mundo e tamén está incluido no calendario da RFEA. Cada ano intentarase facer un recoñecemento a unha figura destacada do atletismo lucense por iso este ano leva o nome de Mª Abel Diéguez. O prazo de inscripción para participar neste cross, remata o día 10 de xaneiro.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.