XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2017.

XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2017.

Recordade que ainda esta aberto o prazo para inscribirse na XLI Carreira do San Mariño. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 17 de novembro de 16:30h a 20h e o sábado día 18 de novembro de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Recinto Ferial de Expourense.

Disputaranse tres carreiras nesa xornada:
 

A primeira será a saída da Carreira Absoluta que sairá dende a  Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios. O percorrido é de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro.

 
 
A seguda será a Carreira escolar, esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.700m.
 

A terceira sera a Carreira de cativos, esta proba dará comezo ás 13,15h horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m.

 
A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas no entorno do Pavillón dos Remedios, recordade que é de obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións.
 
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.