28 Sep Milla Urbana Marín
O Club San Miguel de Marín e o Concello de Marín organizan a XX Milla Urbana San Miguel de Marín o sábado 30 de setembro ás 17:00 horas. A proba terá lugar no circuito homologado pola RFEA na Avenida de Ourense, nas inmediacións á Alameda Rosalía de Castro. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
Haberá 4 probas deportivas diferenciadas:
➢MILLA ÉLITE MASCULINA E FEMININA.
➢MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS.
➢CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES.
➢CARREIRA POPULAR DE 5 KMS HOMOLOGADOS (CIRCUITO HOMOLOGADO DE 1 KM).
Sorry, the comment form is closed at this time.