Carreira CORRE CON IMPLICADAS.

Carreira CORRE CON IMPLICADAS.

Implicadas/os no Desenvolvemento (www.implicadas.com) é unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende o traballo contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte en busca de espazos para que a cidadanía do Sur, e enconcreto as mulleres, poidan tomar decisións sobre as súas vidas.
Para Implicadas a pobreza é un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove através de colaboracións co mundo da cultura, do deporte, con outras organizacións feministas e grazas á súa base de activistas
Implicadas No Desenvolvemento organiza, por sexto ano consecutivo, o domingo
30 de abril de 2017 ás 11:30h. a VI CARREIRA SOLIDARIA en Bastiagueiro (Oleiros)
coa colaboración do Concello de Oleiros, da Universidade da Coruña a través do Inef
Galicia, DJ Dani, Club Running Oleiros, Masaje Ayurvédico Piero Piga, Ambulancias
Apóstol e Cronotec. Cronometraxe e tecnoloxía no deporte.
 
No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.