Circuito Correndo por Ourense 2015

Circuito Correndo por Ourense 2015

CxOU

Ayer día 8 de abril se presentó una nueva edición del Correndo por Ourense, el circuito de carreras populares de la ciudad, que dará inicio el próximo domingo, día 26. A continuación reproducimos la información sobre el circuito, extraído de la web del Consello Municipal de Deportes de Ourense:

O CMD organiza coa colaboración do Colexio Divino Maestro, o Club Esprintes Ourense, a Delegación Ourensana de Atletismo, o Club Ourense Atletismo, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca, o V Circuíto de Carreiras Populares de Ourense “Correndo por Ourense” en diferentes localizacións do Concello de Ourense.

Data e Lugar das carreiras

  1. DOMINGO 26/04/2015 – CARREIRA DO VINTEÚN
  2. SÁBADO 30/05/2015 – CARREIRA DO COUTO
  3. DOMINGO 28/06/2015 – CARREIRA DO CENTRO
  4. DOMINGO 6/09/2015 – CARREIRA DA PONTE
  5. DOMINGO 27/09/2015 – CARREIRA DA ZONA UNIVERSITARIA
  6. DOMINGO 25/10/2015 – CARREIRA DA CARBALLEIRA

Estas probas pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

É preciso participar en 5 carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de participar en todas, desestimarase o peor resultado.

Participantes: as categorías establecidas son as seguintes:

  • PITUFOS: 2009 e posteriores
  • BENXAMÍN: 2006 / 2007 / 2008
  • ALEVÍN: 2004 / 2005
  • INFANTIL: 2002 / 2003
  • CADETE: 2000 / 2001
  • JUVENIL: 1998 / 1999
  • JUNIOR :1996 / 1997
  • PROMESA 1993 / 1994 / 1995
  • SENIOR: 1992 e anteriores ata veteranos
  • VETERANOS A: de 35 a 44 anos
  • VETERANOS B: de 45 a 54 anos
  • VETERANOS C: de 55 a 64 anos
  • VETERANOS D: maiores de 65 anos

Inscrición e prazos

As inscricións realizaranse aquí facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes. O prazo para inscribirse no Circuíto para todos os participantes comeza o día 8 de abril e remata o mércores anterior a cada carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.

A inscrición para a primeira carreira do circuíto na que se inscriba ten un custe de 7€ para as categorías junior, promesa, senior e veteranos, para as demais categorías será gratuíta. Todas as demais carreiras do Circuíto nas que participe son gratuítas. Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

A inscrición e o dorsal serán únicos para todo o Circuíto, por tanto, o atleta debe conservar o dorsal en boas condicións. Deste xeito os atletas inscritos nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos para todas as restantes.

REGLAMENTO

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.