23 Feb TRES MEDALLAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE LANZAMENTOS LONGOS
Gran actuación dos atletas do Sanysec – Ourense Atletismo cun total de tres medallas no Campionato de España de Lanzamentos Longos celebrado en Castellón.
No lanzamento de disco, Aitana Capeáns foi prata en sub18 cun mellor lanzamento de 40.90. Hugo Novoa conseguiu a novena praza tamén en categoría sub18 cun lanzamento válido de 43.16, a piques de entrar na mellora á que se accedeu con 43.42, pero despois do primeiro lanzamento, os dous seguintes foron nulos.
No lanzamento de martelo tivemos á maioría dos nosos participantes. En categoría sub18 masculina, Javier Cid conseguiría a medalla de bronce con 59.96 e Hugo Novoa volveu quedar ás portas da praza de finalista ao rematar noveno con 48.54. Mario Casal bateu a súa marca persoal lanzando co martelo dos sub16 con 47.40 e conseguiu praza de finalista ao rematar no sétimo posto. Raúl Gude foi finalista sub20 con 49.87 e oitavo posto. En categoría sub23, Daniel Villanueva foi sexto con 51.89. Como participante feminina tivemos a Noa López, única representante pero que conseguiu a vitoria sub18 con 57.20.
En xavelina sub16, Sara Vázquez foi undécima con 31.52.
En total, unha medalla de ouro, unha prata e un bronce, ademáis de tres postos de finalista. Na puntuación por clubs realizada contabilizando finalistas, o Sanysec – Ourense Atletismo quedou na novena praza, xusta detrás do F.C. Barcelona e o Diputación de Valencia C.A., dous dos mellores clubs de España.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Sorry, the comment form is closed at this time.