MANUELA BLANCO BRONCE NACIONAL SUB23

Entre o 7 e o 8 de febreiro disputouse en Sabadell o Campionato de España Sub23 de Pista Curta onde o Sanysec – Club Ourense Atletismo levou a tres atletas.

Manuela Blanco obtivo a medalla de bronce en pértega cun mellor salto de 3.72 nun disputado encontro onde a gañadora, Naiara Pérez, estableceu o récord do campionato con 4.30. A segunda posición foi mara Marta Mohedo con 3.77. Manuela superou á primeira o 3.62 e o 3.72.

Daniela Rubio participou no triplo salto e en salto de altura. No triplo rematou en quinta posición cun mellor salto de 11.98, a 21cm. da terceira praza. En salto de altura foi sexta con 1.67. Tras facer un salto nulo sobre 1.70, arriscou e realizou os dous intentos que lle quedaban na altura de 1.72, sen éxito.

Leyla Villar competiu nos 1.500 metros e cun tempo de 4:58.17 rematou a 11ª na súa semifinal. Pasaban as catro primeiras de cada serie á final, quedando o corte nos 4:46.27 realizados pola madrileña do CAPEX Candela Blázquez.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España de Short Track sub-23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.