09 Feb MARIO CASAL PROCLÁMASE CAMPIÓN GALEGO DE DISCO
Mario Casal tivo a actuación máis destacada do Sanysec – Club Ourense Atletismo no Campionato Galego de Lanzamentos Longos Sub16 ao gañar o lanzamento de disco sub16 cun mellor lanzamento de 41.30. O atleta consegui o seu mellor lanzamento no último intento, ainda que todos os seus lanzamentos válidos foron o suficientemente longos para gañar o campionato.
No lanzamento de martelo de 4kg tivemos dobre actuación: Mario Casal obtivo a medalla de bronce cun mellor intento de 44.96, mentres que Mauro Gómez foi o sexto con 22.84.
A participación feminina correu a cargo de Sara Vázquez, quen ocupou a cuarta posición na xavelina con 32.45 metros.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.