CATRO MEDALLAS NO GALEGO SUB23

O Sanysec- Club Ourense Atletismo colleitou un total de catro medallas no Campionato Galego ST Sub23 celebrado en Expourense.

En categoría masculina, Javier Trillo foi sexto nos 60 lisos con 7.54 e Rodrigo Díaz sufriu unha lesión que lle fixo rematar en novena posición cuns pobres 12.60. Nos 200 metros Iago Saco obtería a medalla de prata ao parar o crono en 23.02. Javier Trillo foi sexto con 23.64. Nos 400 metros case consigue Iago Saco o dobrete, xa que rematou cuarto con 50.65. Finalmente, en peso, Daniel Villanueva fio cuarto con 9.88.

En mulleres, África Gómez venceu nos 60 lisos con 8.04 e foi segunda nos 200 con 25.98. Olalla García foi quinta na lonxitude cun mellor intento de 4.85. Aitana Capeáns conquistou a medalla de prata grazas ao seu primeiro lanzamento de 13.13 metros.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB 23 PC

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.