OS NOSOS ATLETAS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE FEDERACIÓNS

Diferentes atletas do Sanysec – Club Ourense Atletismo representaron ás súas comunidades autónomas no Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub16 e Sub18 o sábado 24 e o Campionato de España de Campo a Través o domingo 25. Ambos eventos foron desputados en Almodóvar del Río, Córdoba.

Na categoría sub18 participaron coa selección Galega Irma Veiguela Tizón, quen rematou 16ª con 19:18; Usúe Bernández Jares, ocupando a 32ª praza con 19:57; e Mario Lorenzo Ferreiro, quen por desgraza non puido rematar o circuíto.

Os rapaces galegos remataron na cuarta posición e as mulleres na sexta praza.

En categoría sub20 participou Irene Navarro en representación da Comunidade Valenciana e acadaría a 31ª praza con 22:21 nun percorrido de 5.220 metros. A súa selección conquistaría a terceira posición.

Leyla Villar representou á selección galega sub23 recorrendo os case 7 kilómetros en 30:16, o que lle serviu para rematar na 28ª posición. Na mesma carreira, Elisa Cerezo representou á Comunidade Valenciana e foi 38ª con 31:20. Galicia rematou en cuarta posición e Valencia foi sexta.

En categoría absoluta, Itzíar Manso correu os 8.741 metros para Galicia en 39:59 e obtivo a 42ª praza. Nesta categoría, Galicia ocupou o oitavo posto.

Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campeonato de España de Campo a Través individual y por Federaciones Autonómicas

Campeonato de España de Campo a Través sub-18, sub-16 e inclusivo por SSAA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.