HUGO CASAÑAS QUINTO NO DISCO

Hugo Casañas non tivo o seu mellor día e rematou quinto no lanzamento de disco. Non puido conseguir as dúas medallas ás que aspiraba no Festival Olímpico da Xuventude en Sjkope. O seu rexistro se 57.45 estivo un pouco lonxe da súa mellor marca, 64.51.

A proba foi gañada cos 62.52 do letón Tom Samauskis e a terceira praza foi para o ucraíno Yehon Lapa con  60.73. Hugo non atopou as sensacións en ningún momento e haberá que quedarse coa aprendizaxe que implica a participación internacional, especialmente importante nunha proba onde calquera erro implica unha redución de varios metros na marca.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Festival Olímpico da Xuventude

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.