CATRO PARTICIPANTES DO NOSO CLUB COA SELECCIÓN GALEGA

Iria SoleraManuela BlancoBlanca PereiraYiset Magali Jiménez foron as catro participantes do Club Ourense Atletismo no Campionato de España de Federacións Autonómicas. As nosas atletas contribuíron coas súas marcas á sexta posición acadada pola selección galega.

Iria Solera foi sétima con 1.70, Manuela Blanco sexta con 3.60, Blanca Pereira cuarta con 59.82 e Yiset Magali Jiménez primeira con 57.99. Os resultados poñen en valor a gran progresión do equipo feminino que acadou o ascenso á Primeira División este ano. Todas as nosas atletas acadaron praza de finalista e Magali obtivo a vitoria.

A sexta posición para Galicia foi cómoda, rematando a 28 puntos da quinta posición ocupada por Castela e León e a 29.5 da sétima que ocupou Navarra.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato de España de Federacións Autonómicas

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.