CLAUDIA E PAULA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB16

Claudia PérezPaula Carrión participaron no Campionato de España sub16 celebrado en Xixón os días 12 e 13 de xullo.

Claudia participou nos 3.000 lisos nunha final directa onde quedou 17ª cunha marca de 11:34.45. A atleta estivo aguantando no grupo principal a maior parte da carreira e o forte ritmo fixo que finalmente quedase un pouco lonxe da súa marca persoal. Boa competición, igualmente, para unha atleta que afrontaba o seu primeiro campionato de España.

Paula competiu en pértega, onde rematou 14ª cun mellor intento de 2.81. As cadencias foron duras, sendo 2.81 a altura inicial e sendo superada por Paula no segundo intento. Os tres nulos chegaron co 3.01.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campeonato de España Sub-16

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.