UN GALEGO SUB20 CARGADO DE MEDALLAS

Campionato galego sub20 celebrado en Santiago deixou unha morea de medallas para o Ourense Atletismo. Ningunha medalla foi de ouro, o que non desmerece a actuación do conxunto de atletas.

En homes, Matías Regueiro rematou en terceira posición nos 3.000 metros obstáculos cunha marca de 10:15.37; en triplo salto, Samuel Banga obtivo o bronce cun mellor intento de 12.70; Daniel Villanueva foi prata co martelo de 6kg sendo o seu lanzamento máis longo de 51.24.

En mulleres as medallas chegaron gracias a Laura Freire, prata nos 100 lisos con 12.75; e ao 4×100 feminino, bronce con 52.18.

Outras atletas coma Olalla GarcíaNoa Rey ou Uxía Rodríguez non conseguiron medalla, pero as súas actuacións deixaron un bo sabor de boca.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB 20

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.