SOMOS DE PRIMEIRA

Club Ourense Atletismo logrou o ascenso á Primeira División. Despois de varios anos intentándoo, agora sí o podemos decir: somos de Primeira.

As rapazas terminaron en segunda posición con 107 puntos, por detrás do potente F.C. Barcelona (134 puntos) que volve participar no Campionato de España de Clubs e por diante do CAPEX que sacou 93 puntos. O ascenso estivo asegurado tralos 3.000 obstáculos, chegando aos relevos libres de presión.

Lograron o primeiro posto na súa proba Manuela Blanco en pértega con 3.86, Iria Solera en altura con 1.72, Sabela Castelo nos 3.000 lisos con 9:35.36, e Yiset Magali Jiménez en xavelina con 55.97.

A Final A da Segunda División dispútase a unha xornada en que oito equipos compiten cunha atleta por proba para lograr unha das dúas primeiras prazas que dan o acceso a Primeira. En Primeira División dispútanse tres xornadas, sendo as dúas primeiras entre catro equipos con dous participantes por equipo en cada proba e a terceira xornada a unha atleta por proba con oito equipos loitando polo ascenso á División de Honra e os outros oito loitando por manter a categoría.

O equipo masculino queda quinto no seu encontro

Os rapaces xogábanse menos ao estar encadrados na Final B, sen opcións de ascenso. Ainda así, o quinto posto na súa final con 12.436 puntos van valer, a falta dos resultados oficiais, para rematar no posto 25º. A mellora é moi significativa respecto ao ano pasado, no que rematamos na 35ª posición con 11023 puntos.

As vitorias individuais foron de Fernando Ventura Blanco en pértega con 3.76 Antón Cillero do filial Riazor nos 100 con 10.98 e Matías Regueiro nos 3.000 obstáculos con 10:15.91.

Con estes resultados vese superado un dos chanzos máis difíciles dende a reestruturación do club no 2012.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Cto España Clubes Segunda División Mujeres – Final A

Cto España Clubes Segunda División Hombres – Final B1

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.