
04 Jun TRES CAMPINOATOS GALEGOS NA FIN DE SEMANA
A fin de semana coa que rematou maio e comezou xuño tivo tres campionatos galegos con presenza ourensanista.
Na Coruña disputouse o día 31 o Campionato Galego Sub18 con moita presenza do noso club.
Obtivo medalla de ouro na parte masculina Hugo Casañas, quen venceu o peso (5kg) con 19.40 m. e o disco (1kg) con 58.35 metros. Pratas foron para Fer Ventura Blanco en pértega con 3.80 m. e Javier Cid no martelo de 5kg con 55.68 m., con Hugo Nóvoa en terceira posición cun mellor lanzamento de 43.13 m. O relevo 4×100, composto por Manuel Eirín, Gabriel Parga, Fer Ventura Blanco e Joel Abeso, foi bronce con 48.55.
As mulleres que venceron a súa proba foron Iria Solera, quen gañou na altura con 1.69 m., mesma posición que Marta Quiroga en pértega con 2.80 m. e Antía Calvo en lonxitude con 5.40 m. Aitana Capeáns venceu o peso de 3kg con 15.02 m. seguida de Ana Nóvoa con 11.47 m. Aitana vencería tamén no lanzamento de disco (1kg) con 39.04 m., Icía Ares venceu nos 5.000 marcha con 25:59.68.
Medalla de prata, ademáis da xa nomeada Ana Nóvoa, lográrona Lara Vázquez no triplo con 10.94 m., Arancha Vázquez nos 100 con 12.24, Irma Veiguela nos 400 con 59.48, Rocío Marín nos 100 metros lisos con 15.06, e o relevo 4×100 con 50.75, sendo conformado por Ana Nóvoa, Rocío Marín, Iria Solera e Arancha Vázquez.
Na terceira posición quedaron Naroa Pereira nos 1.500 metros con 4:52.49, seguida por Susana Padrón en cuarta posición con 4:55.78, e Irene Conde no lanzamento de peso (3kg) con 42.95 m.
No Campionato de Galicia de 10K en ruta participou Itzíar Manso, quen venceu cunha marca de 36:08, a un ritmo de 03:36 o kilómetro.
O domingo en Compostela disputouse o Campionato de Galicia Máster cos seguintes podios:
En primeira posición quedaron Ana Raquel Revuelta en disco F35 con 31.06 m., Ana Isabel Soutullo nos 5.000 F45 con 20:00.09, Miguel Ángel Álvarez gañou os 1.500 M40 con 4:30.74, Antonio Touza nos 400 M45 metros con 58.94, Sergio Herrería en triplo M45 con 11.87 m. e María Grande nos 5.000 metros marcha F50 con 29:51.90 que sería a súa vez récord galego.
Pratas obtiveron Saturnino Nóvoa nos 5.000 M60 con 17:34.90, Alejandro López en 3.000 obstáculos M40 con 10:25.20, Soledad Pousa en 5.000 marcha F50 con 32:02.20 e o relevo 4×100 masculino foi prata con 53.11.
En terceira posición quedaron Sergio Herrería na lonxitude M45 con 5.22 m. e Fernando Ojea nos 400 M55 con 1:03.72.
Como complemento, mencionar a vitoria de Diego Ares no Campionato de Castela e León Máster no salto de altura M35 con 1.72 m., disputado tamén nesta fin de semana.
Podes consultar os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:
XXX CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB 18
Campionato Xunta de Galicia de 10 km
Sorry, the comment form is closed at this time.