
04 May MANUELA BLANCO BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO
Manuela Blanco obtivo a súa primeira medalla nun campionato de España ao ser bronce no Campionato de España Universitario celebrado en Madrid. Obtivo a terceira posición cun mellor salto de 3.70 metros, fallando os 3.80, altura na que se repartiron o ouro e o bronce. Nun concurso marcado polo vento, fixo un primeiro salto válido en 3.40, superou á segunda os 3.60 e pasaría á primeira tentativa os 3.70 cos que finalmente se quedaría como marca.
Tamén participou cun moi bo resultado Leyla Villar. A nosa atleta rematou sétima na súa serie dos 1.500 metros parando o crono en 4:39.71, a catro centésimas da atleta que pechou o cupo de atletas clasificadas por tempo. A súa serie foi liderada pola olímpica Esther Guerrero, quen posteriormente gañaría na final.
O terceiro participante do noso club foi Hugo Fernández quen rematou en 12ª posición no lanzamento de martelo, cun mellor lanzamento de 44.38 metros. Hugo realizou un primeiro lanzamento de 42.56 e o segundo de 41.58, non puidendo pasar á mellora co terceiro de 44.38.
Magnífica experiencia para ambas atletas nun campionato un pouco diferente, no que Manuela defendeu á Universidad Europea de Madrid, Leyla á Universidad de Santiago de Compostela e Hugo á Universidade da Coruña.
Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.