YISET MAGALI E ALBA ARRANZ MEDALLISTAS ABSOLUTAS

Yiset Magali e Alba Arranz foron as máis destacadas no Campionato Galego de lanzamentos longos absoluto e sub23, as ser as medallistas do Club Ourense Atletismo en categoría absoluta.

Yiset venceu en xavelina cun mellor lanzamento de 55.08, sacándolle case 20 metros á segunda clasificada. Alba obtivo a terceira praza en martelo con 38.34, sendo tamén bronce na categoría sub23.

O resto de participantes foron Hugo Fernández, quen obtivo a sexta praza absoluta e segunda sub23 no martelo. Ana Revuelta, quinta absoluta en disco, seguida da outra compoñente do club, Irene Conde, na sexta posición. Irene foi tamén sexta no lanzamento de martelo.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XIV CTO. XUNTA GALICIA LANZ. LONGOS ABS. SUB23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.