
10 Feb TRES MEDALLAS NO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
Ata a Pobra do Caramiñal desprazáronse os atletas do Club Ourense Atletismo para disputar o Campionato Galego de marcha en ruta. Os resultados foron magníficos, con dous ouros e unha prata:
– Icía Ares Betanzos, ouro SUB-18.
– Maria Dolores Delgado Paredes, prata MASTER 45.
– Maria Herminia Grande Outomuro, ouro MASTER 50.
– Mateo Jian Blanco Fernández, sexto SUB-14.
Martín Patiño, por desgraza, foi descalificado na proba sub16 por acumular catro flexións de xeonllo.
Podes consultar os resultados en directo na seguinte ligazón:
Sorry, the comment form is closed at this time.