ITZIAR MANSO CAMPIOA GALEGA DE MEDIO MARATÓN

Itziar Manso proclamouse campioa galega de medio maratón en Vilagarcía. Tamén Ana Isabel Soutullo logrou vencer en categoría máster 45.

Itziar parou o crono en 01:23:23, rexistrando un ritmo de 3:57 o kilómetro. A atleta segue cun excepcional estado de forma tras lograr podio na San Martiño.

Isabel remataría nun tempo de 01:36:58 e foi a decimosétima muller en chegar a meta en categoría absoluta.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXXII CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MEDIO MARATÓN

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.