ALBA ARRANZ UNDÉCIMA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23

ALBA ARRANZ UNDÉCIMA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB 23

A atleta e monitora do Ourense Atletismo Alba Arranz realizou unha gran competición en Burgos no Campionato de España sub 23, na especialidade de lanzamento de martelo. Alba entrou coa marca máis modesta das participantes, pero co seu mellor lanzamento de 39.10 puido quedar na undécima posición de entre as catorce participantes. Quedou preto das décima e novena marca (39.43 e 39.52 respectivamente) pero algo máis alonxada da oitava, que daría acceso á mellora (43.27).

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

XXXIX CAMPEONATO DE ESPAÑA SUB-23

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.