7 PODIOS NO SUB14

7 PODIOS NO SUB14

7 podios do Ourense Atletismo no Campionato Galego Sub14 ao conseguir cinco medallas individuais máis os dous primeiros postos no relevo.

Marcos Abeso lograría tres medallas ao colgarse o ouro dos 150 metros con 19.73, a prata nos 80 metros lisos con 10.65 e participar no relevo 4×80. Nicolás González obtería o bronce nos 500 parando o crono en 1:20.02. Na lonxitude, Ana Sierra obtivo a medalla de bronce cun mellor salto de 4.52. A outra medalla individual feminina chegaría tamén nos saltos, ao obter a prata Naia Bermejo con 9.89.

Nos relevos obtivemos a vitoria tanto no 4×80 masculino como no 4×80 feminino. O equipo dos rapaces estivo formado por David GarcíaAlejandro BlancoAntón Rodríguez e o citado Marcos Abeso, gañando a súa proba con 42.45. As rapazas formaron o equipo con Ana SierraXiana OrtegaLeire Díaz Naia Bermejo, gañando a súa proba con 43.20.

Fantástico resultado nunha categoría de transición entre as fases máis lúdicas do atletismo e as máis competitivas.

Podes consultar os resultados ao completo na seguinte ligazón:

Campionato Xunta de Galicia Sub 14 – 2024

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.