FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS AUTONÓMICOS

FIN DE SEMANA DE CAMPIONATOS AUTONÓMICOS

Leyla Villar campioa galega sub18

Comezamos o repaso á fin de semana co 26º Memorial Alejandro Lorenzo, Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través de Menores destacando a vitoria de Leyla Villar Abella na categoría sub18, a mesma onde Sara Núñez remataría na 30ª posición.

Nos sub16 masculino, Fernando Trapote Rivas foi 26º. Na mesma categoría, pero feminina, Susana Padrón Morales foi 8ª, Aloia Sabucedo Currás 23ª e Emma Cabanas Crego 29ª.

En sub14 masculino, Walid el Mansouri sería o mellor do noso club co seu 9º posto, seguido de Mateo Lorenzo Rodríguez 26º e David García Fernández 67º. Na categoría feminina, Usúe Bernárdez Jares remataría en 26ª posición, Carla Nieto 30ª, Sheila Varela 50ª, Leire Díaz 66ª e Xiana Ortega 96ª, quedando en oitava posición na clasificación por equipos.

En sub12, a única representente feminina foi Sara Lorenzo Álvarez, quen logrou a 93ª posición. Polos rapaces participaron Yahya el Mansouri (7º), Dáviz Lobelle (38º), Lucas Estévez (71º), Eiden González (92º) e Mauro Díaz (97º), conseguindo a 10ª posición por equipos.

Na categoría sub10 Lucas Novoa Paredes foi 17º, seguido de Álex Cid Fernández (18º) e Antón Rodríguez Araújo (29º). Nas nenas, Marta Domínguez Diéguez foi 17ª, Sara Vázquez Vieitez 44ª, Lara González González 59ª, Sara Azevedo Morais 68ª e Noa Cid Fernández 75º, conseguindo o 8º posto por equipos.

Saturnino González campión galemo M60

Conxuntamente celebrouse o Campionato de Galicia de Campo a través Máster individual e por equipos. Saturnino González foi campión galego na categoría M60. Ahmed el Mansouri 16º en M45, categoría na que Diego Babarro sería 32º. Óscar Seoane 10º M50 e Germán Quiroga 23º M50. En M55, Jose Antonio Gómez sería 15º. Por equipos M45 e maiores obtiveron o 5º posto.

En M35-45 o noso equipo foi 6º grazas aos resultados de Alejandro López Silva (7º M40), Julián Romero 15º M35 e Carlos Morales 25º M35.

As mulleres foron subcampioas galegas por equipos ao obter tres terceiros postos individuais con Vicky Losada en F35, Ana Soutullo en F40 e Sonia Teijeiro en F50.

Ana Revuelta campioa galega

Tamén tivo lugar o Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos Master nas pistas de atletismo do Centro Gallego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Alí competiu Ana Raquel Revuelta Parra, finalizando en primeira posición da súa categoría Máster F35 cun mellor lanzamento de 29,27 metros.

Rocío Serrano 7ª absoluta de Andalucía

Na outra punta da península tivo lugar o Campionato de Andalucía absoluto de Pista Cuberta, en Antequera (Málaga). Rocío Serrano Mimbrero competiu na proba de 60 metros valados cun resultado de 9″25 que lle valeu o sétimo posto absoluto final e supón mellor marca persoal.

Podes ver os resultados ao completo nas seguintes ligazóns:

Campionatos de Galicia de Cross

Campionato Galego de Lanzamentos Longos Máster

Campionato de Andalucía Absoluto de Pista Cuberta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.