MANUELA BLANCO CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA

MANUELA BLANCO CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA

5 medallas en total no Campionato de Galicia de Pista Cuberta Absoluto e sub 23, onde destaca a participación de Manuela Blanco como campioa galega absoluta logo de mellorar a súa marca persoal cun salto de 3.50. Boas actuación en xeral, con varias marcas persoais.

As outras medallas chegaron no campionato sub23. Dúas foron as medallas de Nayeli Iglesias, conseguindo pola mañán a prata nos 60 metros cunha mellor marca de 8.20 e pola tarde o bronce nos 60 metros valos cun rexistro de 10.62, batindo en ambos casos a súa marca persoal. Pablo Rodríguez tamén sería bronce nos 60 metros valos con 9.41 segundos, e Martín Míguez lograría o ouro nos 1500 cun rexistro de 4:14.98.

O resumo da xornada de mañán:

Manuela Blanco Pértega 3.50
Diego Ares Tapia Salto de altura 1.84
Alba Martínez Triple 11.25
Begoña Domínguez 3000m 10:22.29
Javi Trillo 400m 50.90
Iago Saco 400m 53.03
10º Rubén Diz 3000m 8:49.51
12ª Nayeli Iglesias 60m 8.20 (2ª sub23)
13ª Susana Padrón 3000m 10:58.08
26ª Ana Nóvoa 60m 8.43

Ademáis de Manuela e Nayeli, tamén fixeron marca persoal Ana Nóvoa, Susana Padrón e Javier Trillo.

Resumo da xornada de tarde:

Alejandro Cadaya 1500m 4:04.95
Pablo Rodríguez 60mv 9.41 (3º sub23)
Leyla Villar 1500 4:47.52
10ª Nayeli Iglesias 60mv 10.62 (3ª sub23)
10º Martín Míguez 1500m 4:14.98 (1º sub23)
10ª Mara Ruiz Salto de lonxitude 4.72
12º Javier Trillo 200m 23.27

No 200 metros feminino, África Gómez entrou entre as catro mellores marcas da semifinais con 25.89, pero non puido competir a final por molestias.

Nesta xornada de tarde, fixeron marca persoal, ademáis de Nayeli, Alejandro Cadaya, Leyla Villar, e Mara Ruiz a mellor marca en pista cuberta. Leyla e Trillo fixeron mínima para o Campionato de España sub18 en Pista Cuberta, polo que, xunto a Manuela Blanco, serán, polo momento, tres atletas quenes nos representen en dito campionato.

Podes consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

CTO.GALICIA ABSOLUTO e SUB23 PISTA CUBERTA

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.