TERCEIRAS DE GALICIA

TERCEIRAS DE GALICIA

O EQUIPO MASCULINO, CON MOITAS BAIXAS, ACABA 8º

As mulleres do Club Ourense Atletismo repiten a terceira posición no Campionato Xunta de Galicia de Clubs absoluto ao aire libre. O equipo mantivo unha dura pugna pola segunda posición co Atletismo Femenino Celta, do que finalmente quedarían distanciadas por 5 puntos. A primeira posición tamén pareceu alcanzable durante moito tempo, pero finalmente a Sociedad Gimánstica de Pontevedra sacaríanos unha vantaxe de 14 puntos.

Nunha xornada marcada polo frío, a chuvia intermitente pola mañán, e os refachos de vento, as nosas atletas lograron un total de 11 posicións de podio que describimos a continuación:

  • 200m, África Gómez Ramos, 25.88, 1ª
  • 5000 marcha, Carmen Escariz Mella, 25:00.58, 1ª
  • 100mv, María José Romero Venteo, 15.17, 1ª
  • Pértega, Manuela Blanco Miguélez, 3.05, 1ª
  • Martelo, Blanca Pereira Rubín, 52.79, 1ª
  • 400mv, Marta Fernández Prieto, 1:11.03, 2ª
  • 3000m, Begoña Domínguez Montes, 10:27.01, 2ª
  • 800m, Antía Castro Pérez, 2:20.52, 2ª
  • 1500m, Anxela Seoane Rodríguez, 5:01.32, 3ª
  • 3000 obstáculos, Carmen Martínez Téllez, 13:56.29, 3ª
  • Triplo salto, Alba Martínez Iglesias, 10.88, 3ª

 

No tocante ao equipo masculino non houbo ningún atleta que quedara entre os tres primeiros postos, sendo as mellores posicións os cuartos postos de Said Abdoun Bechiki nos 3000m con 9:02.68, Diego Ares Tapia en salto de altura con 1.71.

As numerosas baixas de nomes coma Rubén Diz, Pablo Vicente ou Darío Vázquez mermaron a competitividade do equipo, que estivo durante case todo o campionato na última posición. A pesar de acercarse por momentos á séptima praza, acabou 8º con 52 puntos, a 8 do Marineda. Quizáis a actuación máis destacada fose a de Fernando Ventura Blanco Lorenzo, atleta do 2008 que representou ao club en pértega despois de que desen baixa Pablo Lorenzo e quen ía ser o seu substituto, Roi Prieto. Fernando debutou co equipo absoluto con moita valentía, pero coa mala sorte de facer tres nulos na primeira altura, a 20 centímetros da súa marca persoal. Pese a iso, o compromiso e actitude mostrada merecen toda a admiración do Club.

Na clasificación conxunta, onde se suman os puntos dos equipos masculino e feminino, o club quedou na cuarta posición a 8 puntos do C.A. Narón.

Pódense consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

XXXIV CTO.XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO DE CLUBS

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.