5 MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

5 MEDALLAS NO GALEGO ABSOLUTO DE PISTA CUBERTA

E 3 na categoría sub23

Gran actuación dos e das compoñentes do Club Ourense Atletismo no Campionato Xunta de Galicia Absoluto e sub23 de Pista Cuberta, cunha colleita de 5 medallas absolutas e 3 sub23.

Na categoría absoluta feminina, como era de esperar, trouxo o maior número de medallas. Os segundos postos chegaron por parte de Anxela Seoane nos 3.000 metros cunha marca de 10:38.47 e Antía Castro nos 1.500 metros cun rexistro de 4:44.44. Os postos de bronce foron os de Manuela Blanco en pértega cun rexistro de 3.25 (mínima para o Campionato de España sub18 en Valencia) e África Gómez cunha marca de 25.66 (mínima para o mesmo campionato). Anxela e Manuela lograron as súas mellores marcas persoais e África a mellor marca persoal en pista cuberta.

En categoría absoluta masculina Diego Ares obtivo o bronce cun mellor salto de 1.82, nun atípico concurso onde os catro primeiros (exceptuando a Gerson Izaguirre, quen competiu fóra de concurso) saltaron a mesma altura e foron os nulos quenes adxudicaron dous primeiros postos e dous terceiros.

Nos sub23 as medallas chegaron pola parte dos homes. No 1.500, Said Abdoun logrou a prata parando o crono en 4:02.07 e Martín Míguez o bronce cunha marca de 4:19.61. Nos 60 metros valados, Pablo Rodríguez consegui a medalla de bronce cun rexistro de 9.56.

Os resultados de todos os atletas foron:

Javier Trillo, 60 m., 7.55, 3º semifinal 3.
Rodrigo Díaz, 60 m., 7.74, 5º semifinal 3.
Mateo González, 60 m., 7.11, 6º final.
África Gómez, 200 m., 25.66, 2ª final A (3ª global).
Iago Saco, 400 m., 54.13, 2º final C (11º global).
Pablo Vicente, 800 m., 2:01.05, 2º final B (11º global).
Said Abdoun, 1500 m., 4:02.07, 3º final B (10º global).
Martín Míguez, 1500 m., 4:19.61, 8º final B (17º global).
Antía Castro, 1500 m., 4:44.44, 2ª final A (2ª global).
Rubén Diz, 3000 m., 8:44.30, 6º final A (6º global).
Anxela Seoane, 3000 m., 10:38.47, 2ª.
Vicky Losada, 3000 m., 11:11.99, 8ª.
Pablo Rodríguez, 60 m.v., 9.56, 5º semifinal 2.
Alba Martínez, triplo, 10.98, 5ª.
Mara Ruiz, triplo, 9.96, 9ª.
Alejandro Rodríguez, peso, 10.70, 7º.
Javier Domínguez, peso, 9.32, 9º.
Nuria Fernández, peso, 8.80, 8ª.
Jose Pablo Lorenzo, pértega, 3.05, 8º.
Raquel Cosme, pértega 3.43, fóra de concurso.
Manuela Blanco, pértega, 3.25, 3ª.
Diego Ares, altura, 1.82, 3º.
Nayeli Iglesias, altura, sen marca.

Pódense consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

XXXVII CTO. XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO – SUB23 PC

Así como ver as retransmisións que se fixeron por streming:

Mañán
Tarde

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.