O OURENSE ATLETISMO SUPERA AS EXPECTATIVAS NA COPA DE CLUBS

O OURENSE ATLETISMO SUPERA AS EXPECTATIVAS NA COPA DE CLUBS

2º NA CLASIFICACIÓN CONXUNTA. 4º FEMININO. 5º MASCULINO

Fantástico resultado do Club Ourense Atletismo, que mellora as expectativas iniciais na Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta. O fantástico compromiso das nosas atletas serviu para acadar o 4º posto en categoría feminina, só por debaixo do A. F. Celta e a S.G. Pontevedra, ambos de 1ª División, e o Ría Ferrol de División de Honra. No caso masculino logrouse o 5º posto, mellorando en dous postos a posición da que se partía por estadillo. Na clasificación conxunta obtivemos o 2º posto. Cabe recordar que foron 5 os clubs que presentaron equipos masculino e feminino e que só se quedou debaixo da S.G. Pontevedra, co equipo masculino competindo en División de Honra e o feminino en 1ª.

Os postos de podio a nivel individual foron conseguidos nas seguintes probas:

• Masculino:

– 60 m.: Mateo González López 7.15, 3º.

– 1500 m.: Pablo Vicente López 4:12.46, 3º.

– Altura: Diego Ares Tapia 1.80, 3º.

• Feminino:

– 400 m.: Arauia Al Bachere 59.57, 2ª. (Atletismo A Estrada).

– 3000 m.: Begoña Domínguez Montes 10:33.11, 3ª.

– Pértega: Manuela Blanco Miguélez 3.17, 2ª e mellor marca persoal.

– Relevo 4v3v2v1v: Antía Castro, Paula Cabaleiro (Club Altetismo Tui), África Gómez e María J. Romero 5:9.59, 2ª.

Felicitar tamén ás atletas que logaron mellor marca persoal, Lara Vázquez cun rexistro de 8.66 en 60m. e Manuela Blanco con 3.17 en pértega.

Temos que agradecer tamén a colaboración dos nosos clubs filiais Altetismo A Estrada o Club Atletismo Tui xa que sen eles estes logros tampouco serían posibles.

Un inicio de tempada excepcional para o club que nos fai esperar impacientes ao campionato individual de pista cuberta do 12 de febreiro e tamén á chegada do aire libre.

Pódense consultar os resultados ao completo no seguinte enlace:

XVII Copa Xunta de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.