PREVIA COPA DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA CUBERTA

PREVIA COPA DE GALICIA DE CLUBS DE PISTA CUBERTA

Este sábado 22 de xaneiro na pista cuberta de Expourense dispútase a Copa Xunta de Galicia de Clubs de Pista Cuberta. O Club Ourense Atletismo é un dos 5 clubs que logrou meter aos equipos masculino e feminino no campionato.

O equipo feminino parte nunha mellor posición, ainda que terá difícil repetir a xesta do terceiro posto logrado na copa ao aire libre do 2021 no Barco de Valdeorras. O formato da pista cuberta prívanos de dúas das probas onde somos máis fortes como son a marcha e o lanzamento de martelo. Entre as favoritas para quedar entre os primeiros postos do noso club podemos citar a Maria Romero Venteo, Antía Castro o a Manuela Blanco.

Por parte do club masculino, que entrou por estadillo na 7ª posición, a aspiración é mellorar esta posición de entrada por puntuacións IAAF. Podemos destacar a Rubén Diz, Mateo González  ou a Diego Ares.

Presúmese un campionato moi igualado en ambos sexos. O logro de meter a ambos equipos do campionato levámolo logrando dende fai varios anos e queremos seguir medrando como club no deportivo e no social.

Pódense seguir os resultados en directo, así como aos inscritos, no seguinte enlace:

Copa Xunta de Galicia de Clubs

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.