4 TROFEOS NO CAMPIONATO GALEGO DE CROSS

4 TROFEOS NO CAMPIONATO GALEGO DE CROSS

Magníficos resultados do Club Ourense Atletismo no Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través, celebrado na Illa das Esculturas de Pontevedra, onde o noso club trouxo consigo os campionatos sub18 feminino, o sub20 masculino, e os subcampionatos absolutos tanto en homes coma en mulleres.

Como en categoría sub 18 tamén se disputaba o campionato individual, debemos destacar o segundo posto de Marcela Morgado, atleta do noso filial S.A. Trega.

Sen haber competición individual, ten que salientarse tamén o terceiro posto de Said Abdoun, quen chegaría un segundo por diante de Martín Míguez na carreira dos sub20. Na carreira absoluta, victoria de Edymar Brea e terceiro posto de Begoña Domínguez, e victoria tamén de Alejandro Fernández en homes.

Magnífico traballo de todos e cada un dos e das participantes nos equipos, que co seu esforzo sobre a herba de Pontevedra lograron traer os catros trofeos á cidade das Burgas.

Pódense consultar os resultados no seguinte enlace:

Campionato Xunta de Galicia de campo a través

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.