INFORMACIÓN PARA O ACCESO AOS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA

Abierta la inscripción a la escuela del Club Ourense Atletismo

INFORMACIÓN PARA O ACCESO AOS ADESTRAMENTOS DA ESCOLA

Con motivo do alto número de consultas, e por non poder ser posible o acceso directo ao módulo de atletismo polas medidas anticovid, ofrecemos a seguinte información esquematizada para poder contactar co club en persoa ou acudir a un dos adestramentos. Durante setembro non é necesaria a inscrición previa para participar das sesións da escola de atletismo.

HORARIOS DOS NACIDOS EN: 2016, 2015, 2014, 2013, 2012, 2011

Todos os adestramentos son dunha hora de duración. Pódense escoller libremente dúas sesións dentro dese horario.

Luns: 17:00
Martes: 17:00 e 18:00
Mércores: 17:00
Xoves: 17:00 e 18:00

HORARIOS DOS NACIDOS EN: 2010, 2009 e anteriores

Os adestramentos dos luns e mércores son dunha hora de duración. O do venres de hora e media. A partir de outubro, serán todos de hora e media.

Luns: 18:00
Mércores: 18:00
Venres: 18:00

A partir dos 15-16 anos é posible entrar directamente nun grupo de adestramento especializado (velocidade, saltos, fondo, etc.) para o que é recomendable acudir un día ao módulo para falalo persoalmente, xa que dependerá de diversos factores como a experiencia previa noutros deportes.

Para todos os adestramentos é necesario levar máscara e roupa deportiva. Recoméndase tamén levar auga.

O punto de encontro é o acceso ao aparcamento do Pavillón dos Remedios, sinalado na imaxe inferior. Prégase puntualidade xa que unha vez que entre todo o grupo dentro, comezarán os adestramentos e non sempre é posible atender ao teléfono. A atención presencial aos pais e nais faise tanto á entrada como á saída dos adestramentos mentres non esté permitido o acceso destes ao módulo de atletismo.

O punto do encontro para os adestramentos da escola é o acceso ao aparcamento do Pavillón, no parque entre as pistas exteriores, o campo de fútbol, a estrada e a Ponte Romana.

Para máis información, seguen a estar dispoñibles o teléfono 637 157 458 e o email escuela@clubourenseatletismo.es

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.