30 Jun Campionato Xunta de Galicia Sub16 e Sub 18 en Pista ao Aire Libre.
A Federación Galega de Atletismo organiza o Campionato Xunta de Galicia Sub16 Sub 18 e o Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas Sub 16 e Sub 18 os vindeiros días 2 e 3 de xullo, nas pistas de atletismo do Estadio Gregorio Pérez Ribera de Lugo.
As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 29 de xuño do 2021.
Cada atleta poderá realizar nun máximo de 2 probas (no caso de ser carreiras só unha poderá ser superior a 200). Os/as atletas de probas combinadas só poderán participar nelas.
Nos lanzamentos e saltos horizontais haberá mellora. Naqueles concursos realizados de forma conxunta en categoría e/ou sexo pasarán 4 de cada unha.
A participación nas probas combinadas estará limitada a 5 atletas de cada categoría e sexo.
Valerán marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020.
Sorry, the comment form is closed at this time.