III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster

A Federación Galega de Atletismo organiza o 26 de xuño o III Campionato Xunta de Galicia de Clubs Máster en Vigo.

Cada club estará representado por un/ha atleta en cada proba, e cada atleta poderá participar en 2 probas individuais ou 1 proba individual e un relevo ou dous relevos (no caso de poder facerse).

As probas a puntuar serán as seguintes:
Homes e Mulleres
100, 200, 400, 800, 1.500, 3.000, valos curtos, valos largos, obstác., altura, lonxitude, triplo, pértega, peso, disco, xavelina, martelo e marcha.

Para que un Club poida tomar parte deberá cubrir un mínimo de 14 probas.

Deberán presentar DNI, Licenza ou calquera documento oficial con foto)

 

Reglamento       Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.