XII Campionato de Galicia de Milla en Ruta 2021.

A Federación Galega de Atletismo organizará, co patrocinio do concello de Santiago de Compostela, o Campionato da Xunta de Galicia Absoluto de Milla en ruta e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster, e de 1km en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 o domingo 13 de xuño en Santiago de Compostela.

As inscricións realizaranse ata as 20:00 horas do martes 8 de xuño de 2021.

Admitiranse atletas (a determinar o número final segundo protocolo Covid-19 actual) con marcas feitas dende o 1 de xaneiro de 2020 nas probas de 1000 metros (para o 1 km) e de 1500 metros (para a milla), así como na propia distancia en ruta (1 km e milla en ruta). Na categoría sub 18 poderanse valorar marcas feitas no 1000 calculando a equivalencia no 1500 pola táboa da WA.

A saída das diferentes probas terá lugar na rúa de Senra e a meta será na Praza de Galicia de Santiago de Compostela.

 

Reglamento   Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.