XI Copa Deputación Lugo – 5ª Xornada.

A Delegación da FGA en Lugo en colaboración cos clubes da cidade e co patrocinio da Deputación de Lugo, organiza a 5ª Xornada da Copa Deputación de Lugo, o sábado 12 de xuño, en xornada de mañá, na pista ao aire libre do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

As inscricións faranse  ata as 20:00 horas do martes anterior á celebración das probas.
Existirá unha cota de inscrición de 4€ para todos os atletas que non pertenzan a clubes da provincia de Lugo, non estén empadroados en Lugo ou non estuden en Lugo.

En caso de que as inscricións superen o número de prazas dispoñibles o criterio para facer a selección será o de mellores marcas.

Nos concursos os atletas disporán de 4 tentativas + 2 de mellora para as 3 mellores marcas de cada sexo en cada concurso.

 

Reglamento   Inscritos

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.